Visita guiada pola zona portuaria de Cambados ou de Rianxo, onde se poderá ver a lonxa e a nave das redeiras (no caso de Cambados, no caso de Rianxo esta parte verase nunha visita ao Museo do Mar).
Nesta visita polo porto explicarase as diferentes embarcacións existentes, as artes de pesca usadas, e as especies capturadas. Ademais, se a visita é pola tarde, poderá coñecer o sistema de poxa dos peixes “a baixa” e mariscos capturados no día.
- Actividade apta para tódolos públicos, a excepción de persoas con movilidade reducida.
- Grupos de rapaces ou adolescentes, acompañados de titor ou monitor.
- A duración da actividade é de 1,5 h., e o grupo mínimo é de 12 persoas.
- Dispoñible só os días laborais.